Queremos convidarte ao Foro Relixión e Cultura en Galicia 2009, organizado pola asociación Encrucillada e que se vai celebrar o vindeiro sabado 7 de novembro, dende as 9:15, no Auditorio de Santiago de Compostela.
Foro 2009: A OUTRA CARA DA CRISE
09:15 Presentación.
09:30 Carlos Taibo: Crise e Decrecemento.
11:15 Joaquín García Roca: Crise e movementos sociais.
13:30 Celebración.
14:15 Xantar.
16:00 Presentación do libro A graza daquel verán de Manuel Regal Ledo.
16:20 Mesa redonda. Participan Carlos Taibo, Joaquín García Roca, Carme Yebra e Santiago González Avión.
18:00 Remate.
Carlos Taibo é Profesor Titular de Ciencia Política e da Administración na Universidade Autónoma de Madrid.
Joaquín García Roca é Profesor de Cooperación Internacional, de Participación Social e de Organizacións Solidarias na Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Valencia.
Carme Yebra é Licenciada en teoloxía e forma parte do Consello de Redacción de "Encrucillada". Santiago González é presidente en Galicia da Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social.
Máis información en http://www.encrucillada.es/index.php?s=12
0 comentarios:
Publicar un comentario